Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Mount Kilimanjaro.jpg

O monte Kilimanjaro (Kilima Njaro, que significa 'montaña brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor, 'montaña branca' en masai) localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya, é o punto máis alto de África, cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcán, co cume cuberto de neves eternas, érguese no medio dunha planicie de sabana, ofrecendo un espectáculo único.

O monte e as selvas circundantes, cunha área de 75 353 ha, posúen unha fauna rica, incluíndo moitas especies ameazadas de extinción e constitúen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.

O complexo do Monte Kilimanjaro coas súas forestas, localizado entre 2°50'-3°20'S e 37°00'-37°35'E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonial alemán nos principios do século XX, mais foi considerado unha reserva forestal en 1921, até que, en 1973, foi declarado Parque Nacional.

Sobre Galicia

Darío Xohan Cabana 3.jpg

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 17 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca. As súas obras superan os corenta volumes. Algún deles, como Galván en Saor (Xerais, 1989), foi un grande éxito de vendas. Foi membro numerario da Real Academia Galega desde o ano 2006.

Tal día coma hoxe no ano...

Sojourner on Mars PIA01122.jpg

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 121 489 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 317 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento